CRTVG

Buscar

A Xunta e o Concello da Coruña asinan o convenio para construír o novo CHUAC

Publicado o 01/02/2021 11:43

Arestora na Coruña o presidente da Xunta e a alcaldesa da cidade acaban de asinar o convenio de colaboración entre o Goberno autonómico e o local para a construción do novo CHUAC.

A sinatura deste convenio prodúcese despois de o que o pleno municipal, cos votos a favor de socialistas e o PP, o aprobase a pasada semana, e un día despois de que o Consello da Xunta tamén dera luz verde ao documento, que xa comezou a xestarse en maio do pasado ano e que finalmente recibiu o impulso definitivo despois do encontro que o presidente da Xunta e a alcaldesa mantiveron o pasado mes en San Caetano.

A construción do novo hospital vai supoñer un investimento de máis de 450 millóns de euros nos próximos anos; destes, máis de 431 son os que achegará o Goberno autonómico. A maior parte dos cargos serán para as obras do novo hospital, deixando preto de cen millóns de euros para equipamentos e instalacións tecnolóxicas. Cómpre destacar tamén que esta é ademais a primeira visita de Alberto Núñez Feijóo a María Pita en máis de cinco anos.

Noticias web

01/02/2021