CRTVG

Buscar

Xunta e comité coinciden en facer "fronte común" con Asturias e Cantabria en defensa de Alcoa

Publicado o 17/02/2020 19:01

Xunta e comité de Alcoa afirman que o borrador do Goberno non só non soluciona os problemas do sector, senón que empeora a súa situación, e piden as mesmas condicións que teñen as empresas dos países da contorna.

"Somos un país de primeira como o resto de Europa. Queremos o prezo da enerxía por debaixo de 40 euros o megawatt e queremolo xa. Lembramos aos que se comprometeron a que iamos ter unha solución que vai haber unhas eleccións, e, se nos declaran a guerra pechando a fábrica, imos actuar como tal. Haberá unhas eleccións en estado de guerra", avisa José Antonio Zan, presidente do comité de empresa.

O comité solicita facer fronte común con Asturias e Cantabria para defender os empregos. Feijóo ve razoable esta proposta e di que se vai poñer en contacto cos presidentes das outras comunidades para convencer xuntos o Goberno, explica, de que se están equivocando co borrador.

"Iso é a acta de defunción das empresas electrointensivas e unha serie de compromisos que ten o Goberno con empresas vascas e catalás, e hai xente que vai ter que pechar", segundo Feijóo.

O presidente insta a Madrid a aceptar as alegacións que van presentar o día 20 e a ter antes de que remate o mes un texto consensuado entre traballadores e administracións públicas.

Noticias web

17/02/2020