CRTVG

Buscar

Xunta e Autoridade Portuaria de Vigo pídenlle ao Goberno central o impulso da saída sur de Vigo

Publicado o 01/07/2020 15:38

A Xunta e a Autoridade Portuaria de Vigo remiten ao Goberno central un estudo que acredita a rendibilidade económica e social da saída sur de Vigo e da conexión coa terminal de Bouzas.

A conselleira de Infraestruturas asegurou, tras reunirse co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, que as conclusións do estudo recomendan ao Ministerio de Transportes o impulso decidido desta infraestrutura, que custaría uns 496 millóns de euros.

Ethel Vázquez fixo fincapé en que a actuación sería moi beneficiosa para o porto e para toda a cidade de Vigo.

 

Noticias web

01/07/2020