CRTVG

Buscar

Xuño, o mes do coidado da fertilidade

Publicado o 09/06/2019 15:07

Unha de cada catro mulleres nacidas nos 70 en España xa non terá fillos biolóxicos. A decisión de atrasar a maternidade fai que aquelas que deciden telos a partir dos 40 anos, en moitos casos precisen recorrer á reprodución asistida. Por enriba dos 43, o habitual é incluso que necesiten da doazón de óvulos.

"A partir dos 35 anos a deterioración das células ováricas da muller e a diminución en número fai que aparezan con maior frecuencia os problemas de fertilidade. En Galicia as mulleres cada vez chegan máis tarde dos 30 anos e a media está case roldando os 34 anos, así que é máis fácil que aparezan eses problemas." Di José Codesido, Xinecólogo Director da unidade de reprodución asistida Iraga


A idade fisiolóxica idónea para reproducirse non coincide, a miúdo cos factores persoais e socioeconómicos das mulleres.
"Ás veces atopas mulleres de 38 anos ás que lles preguntas cales son as súas espectativas para ter fillos, que non os teñen, din: Para máis adiante. E non se dan conta de que están entrando nunha zona de alto risco de infertilidade".

Cada ano en España máis de 15.000 parellas acoden a un centro especializado en reprodución asistida para tratar de ter descendencia

"O problema é compartido e paritario. Os factores de esterilidade asócianse nun 30% a causa feminina, un 30% a causa masculina e o resto un problema mixto entre os dous."

O avance tecnóloxico e médico consegue cada vez maiores exitos nos tratamentos, incluso nas maternidades máis tardías.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/06/2019