CRTVG

Buscar

Xulgarán a mesa do Parlament na etapa de Forcadell o 19 de novembro

Publicado o 27/09/2019 12:21
Xulgarán a mesa do Parlament na etapa de Forcadell o 19 de novembro
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña xulgará entre os días 19 e 22 de novembro próximos os membros soberanistas da Mesa do Parlament durante a etapa de Carme Forcadell e a ex-deputada da CUP Mireia Boia por permitir a tramitación das leis do procés.
Nunha resolución, o TSXC fixou as datas para o xuízo contra os ex-membros da Mesa Lluis Maria Corominas (PdeCAT), Lluís Guinó PDeCAT), Anna Simó (ERC), Ramon Barrufet (PDeCAT) e Joan Josep Nuet (EUiA), ademais da ex-deputada da CUP Mireia Boia, que serán xulgados por un delito de desobediencia.
Os ex-deputados serán xulgados ao día seguinte do xuízo ao presidente da Generalitat, Quim Torra, por desobedecer a orde da Xunta Electoral de retirar os lazos dos edificios públicos.