CRTVG

Buscar

Xúlgana 12 veces por venda fraudulenta cando era vítima dunha estafa

Publicado o 19/05/2017 08:36

A moza chegou a ser condenada dúas veces antes de que a xustiza recoñecese o seu erro. Agora pide seis anos de cárcere e unha multa para o home que a estafou

Xulgárona 12 veces por venda fraudulenta antes de que puidese demostrar a súa inocencia. Unha moza viguesa sufríu un auténtico calvario despois de que un estafador conseguise o seu dni e usase o seu nome para facer vendas falsas a través dun portal de internet. A moza chegou a ser condenada dúas veces antes de que a xustiza recoñecese o seu erro. Agora pide para el seis anos de cárcere e unha multa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/05/2017