CRTVG

Buscar

Xulgan unha ourensá acusada de apropiarse de 73.000 euros dunha empresa

Publicado o 01/07/2020 12:30

Unha veciña de Ourense enfróntase a penas de prisión acusada de quedar con cartos da empresa á que lle levaba as contas. 

A fiscalía impútalle un delito continuado de apropiación indebida por desviar, supostamente, 73.000 euros da empresa á súa conta corrente, aproveitando o acceso aos contrasinais da banca en liña. Pide para ela tres anos e medio de cárcere.

A acusación particular, que representa á empresa, agora en suspensión de pagos, aumenta a pena a catro anos e estende a responsabilidade á parella da acusada. 

Ela nega os feitos. Di que non tiña acceso ás contas e que o seu traballo se limitaba a labores administrativos.

Noticias web

01/07/2020