CRTVG

Buscar

Xulgan unha nai e e a súa filla por rexentar un prostíbulo en Noia

Publicado o 11/06/2019 15:25

Nai e filla sentan no banco dos acusados da Audiencia da Coruña por rexentar, supostamente, un prostíbulo no seu piso en Noia, entre 2016 e 2017. Segundo a fiscala, captaban mulleres en Colombia, o seu país de orixe, prestábanlles cartos para a viaxe e logo prostituínas na súa vivenda.

As procesadas declararon que os cartos que lles prestaban eran para facerlles un favor e que as mulleres eran libres e podían entrar e saír cando quixeran. Unha das mulleres que exerceu a prostitución nese piso testificou detrás dun biombo. Entrou en España como turista. Recoñeceu que traballaba voluntariamente, aínda que as condicións non tiñan nada que ver co que lle contaran en Colombia. Tiña que estar dispoñible as vinte e catro horas do día e que dos 50 euros que cobraba por cada media hora, só podía quedar coa metade.

As procesadas enfróntanse a unha pena de seis anos de cárcere por un delito de prostitución, outro contra os dereitos dos traballadores e outro contra os dereitos dos cidadáns estranxeiros.

Noticias web

11/06/2019