CRTVG

Buscar

Xulgan unha alemá do EI por deixar morrer de sede unha nena xazidí

Publicado o 10/04/2019 07:54

En Múnic, unha muller alemá de 28 anos que se uniu ao Estado Islámico está a ser xulgada. Acúsana dun crime de guerra, deixar que unha nena escrava pertencente á minoría xazidí morrera de sede, ao sol, manténdoa encadeada. A cativa tiña cinco anos.

Crese que este é o primeiro xuízo no mundo por crimes internacionais cometidos por xihadistas do Estado Islásmico contra esta minoría.

A xazidí gañadora do premio Nobel da Paz, Nadia Murad, supervivente ela mesma á escravitude e tortura por parte do Estado Islámico, dixo que este é un momento moi grande para ela e para toda súa comunidade.

Noticias web

10/04/2019