CRTVG

Buscar

Xulgan un home acusado de abusar sexualmente dunha discapacitada

Publicado o 25/06/2019 19:06

Na Audiencia de Pontevedra celebrouse o xuízo contra un home acusado de violar unha muller en dous lugares da cidade: nas escaleiras da igrexa de San Francisco e nun habitáculo do aparcadoiro da praza de Barcelos.

A avogada do procesado solicitou que a vista se celebrase a porta pechada, pero a maxistrada que preside a sección cuarta non admitiu a petición.

Os feitos axuízados aconteceron a noite do seis ao sete de maio de 2017. A vítima é unha muller que padece unha enfermidade mental e que por ese motivo está incapacitada e tutelada desde hai doce anos.

O procesado negouse a declarar. Inicialmente a fiscala pedíalle trece anos e medio de prisión por un delito continuado de violación. O avogado da familia da muller elevaba a pena a 15 anos, porque ao delito continuado de violación sumaba outros de lesións e danos.

Noticias web

25/06/2019