CRTVG

Buscar

Xulgan un home acusado de abusar dos seus sobriños de 10 e 13 anos no Carballiño

Publicado o 15/10/2020 12:32
Xulgan un home acusado de abusar dos seus sobriños de 10 e 13 anos no Carballiño

Enfróntase a 29 anos de cárcere por abusar dos seus sobriños, dous menores que quedaran ao cargo da súa avoa, coa que vivía o acusado, nunha aldea do Carballiño. 

Segundo consta na acusación, o home, nada máis deitarse, comezou a facerlle tocamentos ao irmán maior, que respondeu dándolle un golpe.

Despois intentouno co máis pequeno, ao que supostamente si chegou a violar. Unha violación que volvería consumar ao día seguinte no coche.

Os nenos de 10 e 13 anos contáronllo todo á nai, que presentou a denuncia. O xuízo desenvólvese na Audiencia Provincial de Ourense a porta pechada.

Noticias web

15/10/2020