CRTVG

Buscar

Retíranlle o carné durante oito meses por gravarse conducindo a 201 km/h

Publicado o 06/08/2019 15:49

As imaxes dun vídeo subido ás redes sociais hai un par de semanas fíxeronse virais. Nelas vese como o condutor alcanza os 201 quilómetros por hora nun tramo entre A Bugalleira e o polígono industrial de Tella, en Ponteceso, limitado a 80.

Ás dez desta mañá, o mozo que conducía o vehículo, que están a ver nas imaxes vestido de azul, chegaba ao xulgado número 2 de Carballo acompañado polo seu avogado. Alí someteuse a un xuízo rápido ás 11.

Previamente, os axentes do Grupo de Investigación e Análise de Tráfico xa lle requisaran o coche en que levou a cabo estas prácticas, un Nissan GT-R.

O xuízo rematou co acordo entre as dúas partes, polo que o condutor terá que afrontar unha multa de 480 euros e a retirada do carné durante oito meses por un delito contra a seguridade viaria na súa modalidade de condución con velocidade excesiva.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí