CRTVG

Buscar

Acepta catro anos e seis de prisión por abusar de tres menores

Publicado o 14/01/2020 11:20

Os feitos sucederon en abril de 2018, candos as vítimas tiñan 10, 12 e 14 anos. O acusado mantiña unha estreita amizade cos pais dos menores. Algo que, segundo a Fiscalía, utilizou para levalos ao seu domicilio e abusar sexualmente deles. Segundo o escrito da acusación, unha vez na súa vivenda, o home exhibiulles material audiovisual pornográfico. Despois obrigou a dous dos menores a que lle practicaran unha felación, mentres o outro presenciaba os feitos. Feitos polos que o acusado se enfrontaba a 36 anos de prisión e 43.000 euros de indemnización. Pero finalmente houbo acordo entre as partes, coa conseguinte redución da pena.

"O acordo parte de que a penenetración só a houbo nun dos casos, e nos outros casos foi abuso sexual sen penetración, e logo estarían os outros delitos de exhibición de pornografía e de obrigar os rapaces a presenciar as  esceas entre eles", di José Manuel Ferreiro, avogado defensor.

O acusado tamén conta con dúas atenuantes. A reparación do dano e a intoxicación etílica, xa que segundo confirmaron as vítimas, o día en que se produciron os feitos ía bébedo. Con todo, ademais da pena de prisión e da indemnización, manténselle a prohibición de achegarse aos menores a menos de 500 metros, e de comunicarse con eles durante 9 anos.

Noticias web

14/01/2020