CRTVG

Buscar

Xulgan en Vigo un home acusado de abusar dunha nena de 16 anos con discapacidade

Publicado o 08/09/2021 14:39
Xulgan en Vigo un home acusado de abusar dunha nena de 16 anos con discapacidade

Os xulgados de Vigo acolleron este mércores o xuízo contra un home acusado de abusar dunha nena de 16 anos que sofre unha discapacidade intelectual.

O acusado foi descuberto no momento dos feitos e identificado. Ocorreu no mes de febreiro, preto dun colexio de educación especial onde agardaba a alumna. Ao parecer o home realizoulle tocamentos ese día e tamén unha semana antes. A Fiscalía pide para el tres anos de cárcere e outros tres de liberdade vixiada. O xuízo quedou visto para sentenza.

Noticias web

08/09/2021