CRTVG

Buscar

Xulgan en Ourense unha parella á que lle colleron máis de 400 pantalóns falsificados en Verín

Publicado o 11/09/2019 13:07

A xuízo unha parella á que colleron con máis de 400 pantalóns falsificados en Verín.

A Garda Civil interceptounos nun coche nun control rutineiro de alcolemia. Fuxiron e ao pillalos os axentes observaron 11 caixas de pezas de roupa que, supostamente, ían ser distribuídas por varias tendas españolas. Ademais, hai outro investigado, o dono dunha tenda do País Vasco ao que se lle ía entregar o material a sabendas que era falsificado.

O Ministerio Fiscal solicita un ano de cadea para eles. Os inculpados aseguraron que descoñecían o que contiñan as caixas que estaban precintadas e que só as trasladaban a unha axencia de transportes a Vigo.


 

Noticias web

11/09/2019