CRTVG

Buscar

Xulgan en Ourense o home que agrediu un toxicómano no Carballiño

Publicado o 22/01/2020 12:38

En Ourense xulgan este xoves un veciño do Carballiño que agredira a un toxicómano en plena rúa. Unha agresión gravada co movil que correu como a pólvora polas redes sociais

A fiscalía reclama unha pena de dous anos e medio de prisión por o puñazo que recibiu o agredido. Chegou a lanzalo contra un cristal dun local ata caer no chan. Estivo tres días hospitalizado.

Segundo o escrito, o mozo tamén esta acusado de menosprezar a dignidade persoal da vítima e mofarse da sua condición de drogodependente. O agresor alegou que estaba moi bébedo. Mañá senta no banco dos acusados.


 

Noticias web

22/01/2020