CRTVG

Buscar

Xulgan en Ourense un condutor por homicidio

Publicado o 25/03/2021 14:18

En Ourense, a Audiencia Provincial xulga un condutor acusado de atropelar mortalmente un motorista. A fiscalía pídelle 14 anos de prisión por homicidio. Acúsao de atropelar intencionadamente a vítima, un home portugués de 37 anos.

Circulaba a 125 quilómetros por hora nun treito limitado a 60 e baixo os efectos de alcol e drogas. O acusado nega todo e di que non conducía el, senón o seu acompañante, quen no xuízo declarou xusto o contrario. Piden para unha curmá do acusado un ano e nove meses de prisión por encubrimento.

Noticias web

25/03/2021