CRTVG

Buscar

Xulgan en Barcelona cinco mozos por abusos sexuais e tentativa de homicidio

Publicado o 30/01/2020 13:59

A Audiencia de Barcelona xulga desde hoxe cinco mozos acusados de abusar sexualmente dunha rapaza no metro de Santa Coloma de Gramenet. Tres deles están ademais acusados de tentativa de homicidio, por acoitelar o mozo da agredida.

Os feitos remóntanse á madrugada do once de novembro, cando varios mozos comezaron a acosar unha rapaza, acompañada do seu noivo, nun vagón de metro de Santa Coloma de Gramenet. A agresión continuou fóra do vagón e a ela sumáronse outros rapaces. O mozo da agredida recibiu unha coitelada da que tivo que ser operado de urxencia.

Nun principio, os Mossos detiveran quince persoas, todos ex-tutelados e menores de orixe magrebí, que carecían de documentación, vivían nunha casa en ruínas e xa foran detidos noutras ocasións por roubos con violencia.

A maioría deles quedaran en liberdade despois de comprobarse que non aparecían nas imaxes captadas polas cámaras de seguridade do metro en que se produciron as agresións.

Pero cinco deles, maiores de idade, pasaran a disposición xudicial e foran enviados a prisión sen fianza. Hoxe van ser xulgados na Audiencia de Barcelona por abusos sexuais e tres deles, ademais, por un delito de tentativa de homicidio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/01/2020