CRTVG

Buscar

Xulgan dous mozos de Vilagarcía pola suposta violación dunha amiga

Publicado o 03/04/2019 14:11

Na sesión desta mañá declararon como testemuñas dúas amigas e un amigo da vítima da violación. Explicaron que a moza cambiou de carácter tras a agresión e que non dubidaron da súa versión porque a consideran incapaz de inventar algo así.

Un amigo dos acusados ratificou a versión deles de que as relacións foran consentidas.
Todos formaban parte do mesmo grupo en Vilagarcía, varios deles membros dun equipo de fútbol, que se rompeu no mes de maio de 2013, cando a moza denunciou que fora violada polo que consideraba o seu mellor amigo mentres outro a suxeitaba.

A psicóloga clínica que a tratou durante tres anos describiu que sufría un cadro de estrés postraumático, con pesadelos e medo a saír á rúa.

Tamén declararon dúas médicas forenses. Unha delas explorou a vítima ao día seguinte da agresión e dixo que estaba tan deshidratada que precisou soro. Engadiu que era unha situación compatible cunha intoxicación etílica, que podería afectar a súa capacidade de decidir.

A acusación particular considera os dous procesados coautores da violación e pide catorce anos de cárcere para cada un. O fiscal acusa un de ser o autor e o outro cooperador necesario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/04/2019