CRTVG

Buscar

Xulgan a Lucía Expósito, detida en Viveiro por adoutrinarse, supostamente, sobre terrorismo

Publicado o 17/12/2019 14:58

A detención de Lucía Expósito sorprendeu a parroquia de Galdo en xullo. E dende aquela está en prisión provisional acusada dun delito de autoadoutrinamento terrorista, isto é, consultar información coa intención de atentar, algo que ela nega.

Unha testemuña protexida si declarou que Lucía pretendía atentar en Santiago un 25 de xullo. Tamén declararon os axentes encargados da investigación. Os médicos que a examinaron falan de trastorno da personalidade. Enfróntase a unha pena de 2 a 5 anos de cárcere.

 

Noticias web

17/12/2019