CRTVG

Buscar

O violador do estilete nega a agresión sexual dunha muller discapacitada en Oviedo

Publicado o 16/09/2019 21:12

Empregaba un estilete para ameazar as súas vítimas e despois violalas. Por iso, foi alcumado como o violador do estilete. Tras cumprir 32 anos de cárcere por medio cento de violacións, esta mañá, este home con orixes familiares no concello lugués de Pol, sentou novamente no banco dos acusados na Audiencia de Oviedo. Está acusado dun novo delito de agresión sexual. Nesta ocasión, contra unha muller discapacitada psíquica.

O fiscal solicita once anos e medio de prisión para el e a acusación particular, quince. Os feitos ocorreron no piso que compartían a vítima, o acusado e outra muller.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/09/2019