CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide dous anos e medio de cárcere por pegar e humillar un indixente e colgalo en Internet

Publicado o 23/01/2020 11:16

Esta mañá comezou o xuízo por unha agresión que no se día se fixo viral nas redes sociais. O acusado pegoulle unha labazada e humillou a un indixente para gravalo e difundilo. Agora enfróntase a dous delitos, un de agresións e outro contra a dignidade da persoa.

A Fiscalía solicita para o mozo acusado dous anos e medio de prisión e unha indemnización de algo máis de 1.400 euros polas secuelas que lle deixou e algo máis de 3.000 euros para o Sergas polos gastos médicos ocasionados; a vítima tivo que permanecer varios días ingresado por unha factura importante na faciana ocasinada polo puñado.

A agresión produciuse en marzo de 2019 na praza maior do Carballiño. Alí, de madrugada e no medio dunha conversa entre os dous protragonistas, agresor e vítima, o agresor, sen motivo, arreoulle o puñazo. A vítima bateu coa cabeza contra o cristaleira dun comercio e acabou tirado no chan.

Días despois, a finais do mes de abril, o agresor era identificado e localizado, xa que esa agresión gravouna cun teléfono móvil e despois compartiuna nas redes sociais. Esta publicación xerou bastante polémica e malestar entre a cidadanía.

A defensa alega que o mozo estaba baixo os efectos do alcól e pide a libre absolución ou un ano de prisión, xa que o acusado recoñeceu os feitos cando foi detido.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2020