CRTVG

Buscar

Comeza o xuízo contra o Concello de Lugo pola paralización das obras na fábrica da luz

Publicado o 05/06/2019 13:53

Esta mañá celebrábase no xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo o xuízo pola demanda interposta contra o Concello de Lugo pola empresa concesionaria da rehabilitacion e explotación do museo da antiga fábrica da luz.

A empresa que pedira a rescisión do contrato esíxelle ao Concello unha indemnización de 3 millóns de euros. Alega que non lle deron a tempo os permisos para reiniciar o proxecto. As obras foran paralizadas por Medio Ambiente por facerse no leito do río sen os permisos necesarios e fóra de época de estiaxe.

Noticias web

05/06/2019