CRTVG

Buscar

Xuízo pola suposta agresión ao alcalde de Carnota

Publicado o 22/04/2019 14:06

O suposto puñazo que o alcalde de Carnota recibiu en agosto do 2017 chegou hoxe ao xulgado. A vista celebrouse esta mañá na Audiencia Provincial da Coruña. Dous anos de prisión por un delito de atentado a autoridade é a pena que pide a Fiscalía. Unha petición que a acusación particular eleva ata os seis anos de cadea, amais do pagamento de 16.000 euros en concepto de indemnización.

No seu escrito o Ministerio Fiscal recolle que o acusado agrediu o alcalde durante unha discusión pola xestión das escolas deportivas, feito que desmentiu o propio acusado, argumentando que foi el mesmo quen se lesionou na cara despois de caer ao chan.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/04/2019