CRTVG

Buscar

Xuízo Diana Quer: o testemuño dos forenses será clave para aclarar se houbo agresión sexual

Publicado o 19/11/2019 15:54

Varias xornadas do xuízo están reservadas á declaración de 15 forenses. A información do equipo que traballou co cadáver axudará a determinar, por exemplo, se houbo agresión sexual.

Sonia Vaccaro, psicóloga forense: "Non son persoas que buscan pracer sexual. Son persoas que buscan dominar. O pracer obtéñeno a través do dominio e submisión da súa vítima. De aí a falta de empatía, psicopatía e disociación porque no día a día parecen persoas normais, entre comiñas".

Inflúe neste caso que o cadáver estivera case 500 días somerxido na auga dun pozo en condicións estables. 

Noemí Forte. forense do IMELGA: "Ás veces a auga, aínda que altera as características externas do corpo, axúdanos a manter a integridade do mesmo e dános moita información".

Pero por outro lado a acción da auga elimina toda posibilidade de obter material xenético do agresor. En calquera caso, os forenses exporán no xuízo todos os datos obxectivos obtidos durante a autopsia e contrastaranse coas explicacións do acusado para comprobar se son compatibles.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019