CRTVG

Buscar

Comezou o xuízo contra Coté: o falso médico de Ferrol enfróntase a 343 anos de cadea

Publicado o 10/12/2020 15:22

Coté e mais a súa muller sentan no banco dos acusados. A Fiscalía modificou as súas conclusións.

Despois de trece anos, Coté e mais a súa muller sentan no banco dos acusados da sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña.

Esther Fontán, presidenta da asociación das vítimas: "Para nós, saber que hoxe chega nun furgón da policía e esposado xa é unha satisfacción".

Nesta vista previa, a fiscalía, que pide para o acusado un total de 334 anos de cadea por varios delitos que van desde lesións ata homicidio por imprudencia, modificou as súas conclusións. Pediu que a actividade delituosa do falso médico de Ferrol se amplíe a 10 anos antes da súa detención. Solicitou tamén o embargo e comiso das súas propiedades e subiu o delito de estafa a estafa hiperagravada.

Pola súa banda, o avogado de Coté na súa exposición tratou de desmontar o auto de instrución alegando que non había indicio obxectivo válido para culpalo de intrusismo.

O xoves da próxima semana será cando Xosé Manuel López dea a súa versión dos feitos. Un día despois, será a súa muller a que responda polo delito de branqueo de cartos polo que é investigada. Ela enfróntase a tres anos de cadea e a unha multa de case nove millóns de euros.

Noticias web

10/12/2020