CRTVG

Buscar

Xulgan en Vigo un profesor acusado de abusar dunha alumna de 15 anos

Publicado o 28/09/2020 15:47

Na Audiencia Provincial en Vigo comezou o xuízo contra un profesor de taekwondo acusado de abusar dunha alumna de 15 anos. 

Os feitos sucederon hai dous anos. Segundo a fiscalía, o home convocou a vítima na súa casa para ver vídeos de baile, coa escusa de que debería mellorar a súa expresividade. Unha vez alí, mandoulle tombarse e supostamente realizoulle tocamentos nas súas zonas íntimas.

O profesor negou os abusos e dixo que só realizaron un exercicio corporal. A Fiscalía pide para o acusado 5 anos de prisión e 8 de inhabilitación. O xuízo prolongarase ata o mércores.

Noticias web

28/09/2020