CRTVG

Buscar

A Revista

Xuízo contra un home que intentou matar a súa parella. A Fiscalía pide para el 9 anos de prisión

Publicado o 27/04/2017 12:39

Na Audiencia Provincial da Coruña está previsto para hoxe o xuízo a un home que intentou matar a súa parella fai agora un ano.

A Fiscalía pide nove anos de cárcere para o acusado, que mantiña unha relación sentimental coa muller e sobre a que -di a cualificación fiscal- exercía unha actitude de dominio.

Os feitos que se van xulgar aconteceron o 27 de abril de 2016 . O procesado comezou a poñerse celoso cando ela recibiu uns WhatsApps. Despois de preguntarlle quen llos mandaba agrediuna cun coitelo. A muller precisou 51 días para curar das feridas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

27/04/2017