CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide nove anos para o home acusado de abusar da filla menor da súa parella

Publicado o 07/03/2019 20:11

Hoxe celebrouse en Vigo un xuízo contra un home acusado de abusar sexualmente da filla menor da súa parella de forma continuada. A Fiscalía pide para el nove anos de prisión e unha indemnización de 10.000 euros.

Xa en 2017 se ditara un auto en que se lle prohibía ao procesado achegarse á menor ou comunicarse con ela. Esta mañá as partes pediron que o mesmo se celebrase a porta pechada para garantir a intimidade da moza.

Noticias web

07/03/2019