CRTVG

Buscar

Xuízo a un home de Vedra por mancar outro na cara cun pau

Publicado o 01/07/2020 14:50

Un veciño de Vedra respondeu esta mañá ante o xuíz da acusación de lesións na cara cun pau a outro home hai máis de catro anos. E fíxoo cunha versión diametralmente oposta á descrita no relato do fiscal, que pide nas conclusións provisionais tres anos e medio de cárcere e que indemnice con 9.700 euros a vítima.

Segundo o acusado, o autor da agresión foi outra persoa que formaba parte do grupo da vítima e que lle deu un mazazo, involuntariamente, cando alzaba o pau coa intención de pegarlle a el.

A vista interrompeuse pasadas as doce e cuarto para que chegase a vítima á sala do xuízo en Santiago.

Noticias web

01/07/2020