CRTVG

Buscar

Xuízo a porta pechada na Coruña para o acusado de elaborar material pornográfico cunha menor

Publicado o 11/06/2019 13:58

Na Audiencia Provincial da Coruña comezou esta mañá un xuízo contra un home acusado dun presunto abuso sexual e de elaborar material pornográfico utilizando unha menor de 16 anos.

Nesta primeira xornada declararon, entre outras testemuñas, o investigado e a vítima. Todos eles fixérono a porta pechada.

Porén, segundo o escrito da fiscalía, o procesado contactou coa rapaza, que ten un déficit intelectual leve, a través dunha rede social. Engade que, con xestos obscenos que a nena non entendía e facéndolle crer que ía ser o seu mozo, que casaría con ela e que lle ía facer agasallos, pediulle que ela fixese o mesmo e se gravase. Un mes despois, a cativa comunicoulle que non quería seguir falando con el. Foi aí cando o acusado lle enviou unha fotografía e un vídeo de contido sexual da rapaza a varias persoas.

Por estes feitos, o Ministerio Público solicita para el unha pena de dez anos de cadea e unha indemnización de seis mil euros polos danos e prexuízos causados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019