CRTVG

Buscar

Xuízas e Xuíces para a Democracia defenden que en España "non hai inxerencia" no poder xudicial

Publicado o 20/09/2021 16:08
EFE

O viceportavoz da asociación progresista Xuízas e Xuíces para a Democracia, Fernando de la Fuente, explicou este luns ao comisario europeo de Xustiza, Didier Reynders, que en España "non hai inxerencia" no poder xudicial, senón un problema derivado da non renovación dos órganos constitucionais, que debe ser abordado con urxencia.

"O que lle transmitimos é que hai un problema de funcionamento básico de servizos públicos. A Xustiza en España é absolutamente independente: o único que lle trasladamos é que afecta á independencia o feito de que non se renoven os órganos constitucionais", dixo De la Fuente en declaracións á prensa tras a súa reunión co titular de Xustiza da Comisión Europea.

"A inxerencia como tal non existe, os xuíces somos independentes, e comportámonos con absoluta independencia, neste aspecto somos herméticos a posibles incidentes externos", engadiu. Segundo dixo, ao comisario preocúpalle "moitísimo" que un Estado como España "non cumpra con eses estándares básicos que son a renovación dos seus órganos constitucionais" sobre todo por que iso pode "estar a afectar ao funcionamento destas institucións e ao servizo público que representan".

Reynders comprometeuse, segundo o viceportavoz desa asociación, a "continuar esixindo e ademais dunha maneira moi rotunda a España a inmediata renovación dos órganos constitucionais". "El entende que debe avanzarse nunha mellora do sistema de elección dos vogais, pero coincidiu coa nosa asociación en que é algo inasumible que poida facerse agora con carácter previo á reforma", sinalou.

Reynders, engadiu o viceportavoz, non mencionou as consecuencias que pode ter para España o feito de non proceder á renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial. Con todo, na conversa "saíu a colación" que a entrega dos fondos europeos de recuperación está sometida na UE "a que se cumpran certos estándares en materia europea de Xustiza". "Se a cuestión non se soluciona poderían tomar medidas desde a CE, desde Europa, contra España, porque fundamentalmente estase afectando de maneira moi notable aos servizos públicos", considerou o representante de Xuízas e Xuíces para a Democracia. 

O comisario recibirá esta tarde a representantes das outras tres asociacións xudiciais españolas e as catro teñen previsto emitir un comunicado conxunto ao termino dos dous encontros por separado. 

O Partido Popular vai levar mañá ao Congreso unha proposición de lei para renovar este órgano.A formación de Pablo Casado propón que sexan os propios xuíces os que escollan os vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial. A fórmula semella contar co apoio dos cidadáns, segundo unha sondaxe que publica hoxe o xornal El Mundo. O 55 % dos enquisados considera que deberían ser os maxistrados os que escollan os seu

Noticias web

20/09/2021