Xuíces españois denuncian na UE vulneracións do Estado de dereito
De novo a parálise no Consello Xeral do Poder Xudicial e as inxerencias dos partidos na Xustiza chegan á capital comunitaria. Tres das catro asociacións máis importantes, a Profesional da Maxistratura, a Francisco de Vitoria e o Foro Independente Xudicial, denuncian diante da vicepresidenta de Valores e Transparencia da UE e o comisario europeo de Xustiza un risco de violación grave do Estado de Dereito en España.
Estes tres colectivos reúnen máis de 2.500 xuíces. Argumentan que os nomeamentos políticos no Consello da Xustiza vulneran a Constitución e son tamén contrarios ás propias normas democráticas da UE. Por iso esixen que a Comisión force reformas lexislativas en España para garantir a independencia xudicial. E se o Goberno non as adopta, piden sancións contra o Estado.