CRTVG

Buscar

Xubílase un dos últimos xastres de Pontevedra

Publicado o 13/02/2020 14:35

Tres mil pesetas do ano 1960 que lle prestou a súa nai era toda a fortuna coa que Jesús Valiño levantou aos vinte anos a súa primeira xastrería, todo a prazos, maquinaria e xénero, un oficio que non lle gustaba pero o que o quitou, por consello da nai, de sachar patacas para pasar noites en vela coa agulla na man. E así pasaron 60 anos ata que se decidiu a exhibir o letreiro de xubilación.

Polo seu probador pasaron corpos senlleiros como o Cordobés, Torrente Ballester ou Tachenko, do que aínda lembra as medidas exactas. A lista é extensa.

É un sobrevivente. O Club de Xastres de España, ao que pertence, é selecto: só son 30. Asisten desde hai anos ao peche constante das xastrerías. Cando el empezou, había unha vintena en Pontevedra. Metade artista metade artesán, ten un par de consellos para os futuros xastres, que recoñece son escasos.

Cando finalmente bote o peche, moitos botarano en falta, pero el estará na súa horta, e quizais volva practicar o debuxo e a pintura que non se lle daban mal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2020

Máis sobre Pontevedra