CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Xubílase o xerente xeral do Centro Galicia de Bos Aires

Publicado o 20/08/2016 14:46
E na Arxentina xubilouse un dos homes emblemáticos do Centro Galicia de Bos Aires.
Roberto Martínez, de 84 anos, dedicou máis de 60 á xerencia xeral da institución e viviu as orixes e o crecemento do Centro.


O nome de Roberto Martínez xa está gravado nos libros de historia do Centro Galicia de Bos Aires. Non foi directivo pero leva 60 anos adicados á xerencia xeral da institución.

Este muxián comezou como administrativo do antigo Centro Lucense con só 24 anos e agora con 84 xubílase co respeto de toda a colectividade para deixar paso ás novas xeneración

Roberto Martínez, Xerente Xeral do Centro Galicia de Bos Aires, sinala que "un sempre agradece, e a un obrígao a superarse e a facelo cada vez mellor porque ten que responder a esa confianza que lle brindaron".

Tivo nas súas mans o control dun dos entes galegos de referencia no exterior.
O mesmo ó que veu medrar co esforzo dos galegos que buscaban un nexo coa terra.

Roberto Martínez, Xerente Xeral do Centro Galicia de Bos Aires, di que "os directivos e as distintas comisións loitan e traballan para que o centro esté cada vez mellor".

Fai só uns días, o Centro Galicia fíxolle unha sentida homenaxe pola dedicación de toda unha vida.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí