CRTVG

Buscar

Xubílase na Coruña o garda civil máis antigo do Servizo Marítimo de España

Publicado o 12/08/2021 14:18

Desembarcaba o axente Gabriel Torrente da sua última singradura a bordo da patrulleira Río Andarax no porto da Coruña. Xubílase este sábado e onte recibiu en terra unha emotiva homenaxe dos seus compañeiros.

Accedeu ao corpo no 81, buscando unha saída laboral tras a crise do sector naval. O seu primeiro destino foi Biscaia en plena loita antiterrorista.

O mar sempre lle gustou e cando se creou o Servizo Marítimo da Garda Civil, incorporouse e estreouse durante os Xogos Olímpicos de Barcelona. É, de feito, o garda maís antigo de España nesta especialidade. Durante a sua dilatada traxectoria estivo comisionado en diversos destinos, entre eles Alxeciras ou Tenerife, onde lle tocou vivir de preto o drama da inmigración ilegal.

Participou tamén en misións internacionais. Lembra especialmente a primeira durante a guerra dos Balcáns. Atesoura milleiros de experiencias e historias, pero o valor que máis aprecia e leva do corpo é o compañerirismo. Por iso a despedida onte tras o ultimo servizo foi moi emotiva.

Agora asegura que non sabe a que vai dedicar o tempo libre, pero ten claro que botará en falta o seu traballo.

Noticias web

12/08/2021