CRTVG

Buscar

Xubilarse aos 65 anos ten os días contados

Publicado o 09/12/2020 16:28

Acabouse aquilo de xubilarse aos 65. Desde o próximo 1 de xaneiro, para retirarse en España, haberá que ter cumpridos os 66 anos

A reforma da lei de pensións establece que, a partir do 1 de xaneiro, para poder retirarse e cobrar unha pensión ao 100%, haberá que ter cumpridos ao longo de 2021 os 66 anos.

Aquelas persoas que teñan 65 anos e queiran xubilarse, deberán ter cotizados 37 anos e tres meses para cobrar o 100%.

Este atraso da idade de xubilación débese a reforma da lei de pensións, unha reforma transitoria que se vai levar ata o ano 2027. Daquela, para poder xubilarse e poder cobrar o 100%,  haberá que ter 67 anos. 

As vantaxes para o sistema público son que por un lado se adía a idade de xubilación e estamos máis anos traballando e por outro lado atrásase a idade de cobro das pensións.

A xubilación anticipada establecerase nos 64 anos, sempre e cando se teñana cotizados 35.

A partir do 1 de xaneiro hai un pequeno incremento das pensións dun 0,9 %.

Noticias web

09/12/2020