CRTVG

Buscar

Xubilados da CIG reclaman pensións dignas e residencias de maiores públicas

Publicado o 07/07/2020 15:33

Xubilados e pensionistas da CIG manifestáronse en Vigo para reclamar un trato digno aos maiores.

Denuncian o desmantelamento e a privatización das residencias e da sanidade para facer negocio cos máis vulnerables.

Reclaman pensións dignas e a creación dun sistema público galego de atención ás persoas que prime servizos para maiores en residencias, centros de día e nos seus domicilios, e que se faga con medios e traballadores públicos.

Noticias web

07/07/2020