Xoves Santo sen procesións en Viveiro e Ferrol
Publicado o 09/04/2020 14:31
As imaxes da Semana Santa de Viveiro permanecen no claustro do antigo convento de San Francisco. As 15 procesións da súa Semana Santa, declarada de Interese Turístico Internacional, foron canceladas, dando lugar a unha situación atípica.
A imaxe habitual de hoxe sería esta, coas procesións da Última Cea, o Prendemento e a Misericordia entre miles de persoas que ateigarían as rúas, pero agora a imaxe é ben distinta e as rúas polas que terían que pasar as procesión están así.
Desta volta será unha Semana Santa virtual na que emitirán as procesións doutros anos a través das súas redes sociais. Agora as rúas están baleiras de xente, pero cheas de responsabilidade.