CRTVG

Buscar

Xove ten a incidencia acumulada máis alta de Galicia

Publicado o 02/01/2021 19:56

2.226 postivos por cada 100.000 habvitantes/ Xove ten a maior incidencia acumulada de Galicia

Neste pavillón, mañá pola mañá máis de 300 veciños de Xove faranse a PCR para detectar positivos asintomáticos e intentar baixar así a incidencia acumulada que ten este concello mariñao, a máis alta de Galicia e unha das maiores de España, con 2260 casos por cada 100.000 habitantes.

Máis da metade dos positivos rexistráronse nesta residencia, tamén hai varios gromos dispersos polo concello, con algunhas familias con varios membros afectados.

DEMETRIO SALGUEIRO, ALCALDE DE XOVE

Para os traballadores cara ao público/Mañá faranse máis de 300 PCR
Xente que traballa de cara ao público, persoal do concello e traballadoras de axuda do fogar serán os que fagan mañá as probas

DEMETRIO SALGUEIRO, ALCALDE DE XOVE

Ademais dun salón de peiteado, Carlos tamén ten un local de hostelería. Tanto el coma os seus empregados farán mañá a proba.

Os traballadores desta panadería anticipáronse.

Segundo nos comentou o alcalde, os setenta postivos activos que hai hoxe en Xove están tendo unha boa evolución

Noticias web

02/01/2021