Xove lidera os concellos con maior incidencia, por diante da Illa, Vimianzo e Baiona
Hai unha vintena de concellos cunha incidencia acumulada superior aos 500 casos por cen mil habitantes. O concello co indice máis alto é o lugues de Xove. Este municipio da Mariña é o único de Galicia que supera a barreira dos 2.000 casos por 100.000 habitantes. O segundo que máis incidencia ten é o da Illa de Arousa, con máis de 1.600. Tamén superan a barreira dos 1.000 o municipio coruñés de Vimianzo e o pontevedrés de Baiona.
Este domingo, cribado en Xove
En caso de que non dese tempo de que non se fixesen as máis de 300 PCR ao longo da mañá, as porbas continuarían pola tarde. O importante é evitar novos contaxios e por iso dende o Concello e a asociaición de comerciantes e hosteleiros animaron a todos os veciños que están de cara ao público a que se inscribisen voluntariamente para facer as PCR, xa que os datos precoupan moito debido á incidencia acumulada que hai no cocnello, de 2260 caoso por cada cen mil habitantes.
Máis da metade dos positivos rexistráronse nesta residencia, tamén hai varios gromos dispersos polo concello, con algunhas familias con varios membros afectados.
Xente que traballa de cara ao público, persoal do concello e traballadoras de axuda do fogar serán os que fagan mañá as probas
Ademais dun salón de peiteado, Carlos tamén ten un local de hostelería. Tanto el coma os seus empregados farán mañá a proba.
Os traballadores desta panadería anticipáronse.Segundo nos comentou o alcalde, os setenta postivos activos que hai hoxe en Xove están tendo unha boa evolución.
85 casos activos na Illa
O concello da Illa de Arousa ten hoxe 85 casos de coronavirus, sete menos que o venres que contaba 92 enfermos activos. A Illa de Arousa ten 4926 persoas censadas. O cálculo de incidencia por 100.000 habitantes deste municipio do Salnés é de 1726 persoas, unha cifra desorbitada porque a partir de 250 estamos xa en risco extremo de propagación.
Falamos con moitos veciños , como Miriam, que xa pasaron a enfermidade e a corentena. Todos neste último mes. Porque A Illa aguantou case sen incidencia ata decembro.
Esta madrugada morreu un home da Illa de 83 anos no hospital do Salnés enfermo da Covid. É o segundo falecemento aqueí desde marzo. Neste hospital público do Salnés hai 8 persoas hospitalizadas en planta e ningunha na unidade de coidados intensivos.
A residencia DomusVi, principal foco en Vimianzo
Vimianzo dirixe a mirada cara á residencia Domus Vi, onde a evolución do coronavirus é preocupante. Os últimos datos falan de cincuenta e sete usuarios e quince traballadores infectados.
Cara atrás, porque en Vimianzo a incidencia acumulada supera os douscentos cincuenta casos por cada cen mil habitantes. Nos últimos catorce días diagnosticáronse 95 novos positivos. A localidade leva meses con restricións importantes. As cafeterías pechan ás cinco da tarde e só se permite un trinta por cento de ocupación no interior dos locais. A mobilidade dos vimianceses redúcese ás veciñas Camariñas e Zas.
Arela para un 2021 ao que todos lle pedimos algo de luz.
Baiona leva un mes no nivel máximo de restricións
É o cuarto concello de Galicia con maior incidencia acumulada nas últimas dúas semanas e suma 42 casos activos.
Un mes despois segue pechada perimetralmente. É dicir, non se pode entrar nin saír salvo causa xustificada. En pleno centro histórico, a situación é insólita. A hostalaría prepara as terrazas sen moito optimismo. Só se pode consumir fóra, cun limite do 50% e o peche é as cinco da tarde.
E iso que Baiona aumentou o seu censo dende marzo. Agora mesmo ten unha poboación que supera os 12.800 habitantes.
Dende o Concello piden prudencia, dado que tras as festas o número de casos volverá incrementarse.
Unha das cousas positivas é que durante estas festas, sobre todo na Noiteboa e a Noitevella, as forzas de seguridade non rexistraron ningunha denuncia por incumprir as normas.