CRTVG

Buscar

Xosé Luís Barreiro: "Albor e mais eu eramos moi distintos pero complementabámonos"

Publicado o 13/07/2018 10:25

Xosé Luís Barreiro Rivas, ex-vicepresidente da Xunta de Galicia no Goberno de Xerardo Fernández Albor, acudiu ao programa Bos Días.

"Estiven no Goberno de Albor seis anos, cinco como vicepresidente. Levábame 32 anos de diferenza. Coñecino precisamente cando eu tiña 32 e el 64. Eramos dúas persoas completamente distintas. El ata que tivo 90 anos non empatou coa súa idade, sempre aparentou menos".

"Había moitas outras diferenzas. El era cirurxián e eu, licenciado en Políticas. Iso marca algúns puntos de partida".

"Coñecino nun mitin preelectoral, no mes de agosto de 1981 en Maceda, Ourense".

"El sempre vinculou a súa perspectiva da política ao galeguismo conservador. Nesa liña estaban os seus compañeiros da Rosaleda, e especialmente García-Sabell. Estaban tamén elementos históricos como Vicente Risco ou Otero Pedrayo. Estaba tamén no Parlamento, aínda que en partido distinto, Ramón Piñeiro. Piñeiro, de todos os seus referentes, fora o único que metera as mans na política, cunha perspectiva un pouco culturalista e teórica".

"Eu agora estou moi lonxe da práctica política. Son un idílico da política. Daquela tíñase a idea de que a xente entendía pouco a política e que o importante era ensinar, ter trato curto, visitar todos os sitios, coñecer todos os sucesos de cada parroquia".

"Eramos moi distintos pero nos complemantabamos".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/07/2018