CRTVG

Buscar

Xosé González: "A calidade dos nosos produtos é un bo mecanismo de defensa fronte aos aranceis"

Publicado o 07/10/2019 11:27

O conselleiro do Medio Rural, Xosé González, quen tamén participa na reunión no Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación na reunión sectorial na que se van tratar os efectos que as medidas arancelarias dos Estados Unidos poden ter no sector e as medidas a adoptar, explicou que "desde Galicia estamos en contra desta guerra aranceralia e apoiamos a postura forte por parte de España e da Unión Europea".

O sector máis afectado en Galicia é o do viño: "As 5 denominacións teñen exportacións por un importe conxunto de 15 millóns", asegurou o conselleiro, "pero e tamén os queixos están afectados".

Desde a Consellería defenden que "a calidade dos nosos produtos sexa un bo mecanismo de defensa fronte ás barreiras arancelarias. Os viños sustentados nas variedades autóctonas non teñen competencia" dixo o Xosé González quen anunciou que "nos próximos días ímonos reunir co sector".

En canto á Política Agraria Común (PAC) que tamén se vai analizar neste encontro, o conselleiro defende a proposta na que se traballa desde Galicia, na que se pide que "se respecten as axudas redistributivas e se poña un límite de percepción de axudas por explotación, para que así se sigan defendendo as pequenas e medianas explotacións e o sector en zonas desfavorecidas".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí