CRTVG

Buscar

Xosé Carlos Caneiro: "Estamos sufrindo unha involución do pensamento libre"

Publicado o 19/07/2019 10:19

Francamente, ironía biográfica da ditadura de Franco. Así titula Xosé Carlos Caneiro un libro inspirado polas súas dúas fillas e dedicado, ademais de a elas, a todos os que detestan a intolerancia.

"Por fortuna, a ditadura de Franco foi moi extensa, pero tivo un final e abriuse en España e Galicia un tempo novo de liberdade, que é o que máis se botaba de menos".

"Comecei a redactar este libro cando as miñas fillas estudaron en bacharelato a ditadura franquista, como un xeito de axudar con esa temática".

"Víctor era un veciño dos meus pais en Ourense, militante do Partido Comunista da clandestinidade, que me suministraba libros de todo tipo. Lin O capital de Marx grazas a el. Tamén me contaba todos os datos relevantes da ditadura: datas, decretos, represión... Ese caderno é unha das causas deste libro".

"Eu lía todo o que caía nas miñas mans, o que atopaba na biblioteca dos Salesianos, e mesmo os prospectos do meu pai".

"É unha mágoa que Franco tivera complexo de escasa estatura, pero non da súa escasa altura intelectual".

"Cando saes da ditadura é un bálsamo contra a intolerancia. Pero agora estamos sufrindo unha involución do pensamento libre, unha época de intransixencia e de pensamento único. Os que pensan distinto son vetados. Estou moi preocupado".

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/07/2019