CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Xornadas sobre drons para a industria no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información

Publicado o 24/02/2017 15:01

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información, en Santiago, abriu as súas portas ás industrias para amosarlles os últimos traballos desenvolvidos no campo dos vehículos non tripulados. Os participantes nesta xornada comprobaron que todos estes proxectos teñen grande utilidade en moitos sectores.

Os novos proxectos desenvolvidos no Centro Singular de Investigacións en Tecnoloxías da Información, o CiTIUS, espertan o interese no eido da industria. Unhas 100 persoas asistiron a esta xornada para coñecer os últimos avances para os vehículos aéreos non tripulados, novas tecnoloxías de grande utilidade.

Outras investigacións, como a que presenta Adrián, buscan converter estes vehículos en robots autónomos, que non precisan a intervención humana.

É tecnoloxía desenvolvida aquí, neste centro galego, pero de aplicación universal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí