CRTVG

Buscar

As innovacións tecnolóxicas en Coloproctoloxía, protagonistas dunhas xornadas en Baiona

Publicado o 16/10/2019 19:51

As innovacións tecnolóxicas aplicadas á cirurxía, o cancro colorrectal e o tratamento do chan pélvico serán os protagonistas das Xornadas Internacionais de Coloproctoloxía que están a celebrarse en Baiona. O doutor Antonio de Lacy, pioneiro na extirpación de tumores a través de orificios naturais coma o ano, a boca ou ou a vaxina, é un dos relatores.
As novas tecnoloxías, no que atingue á cirurxía, cambiaron nos últimos 15 anos máis que en século e medio. Seguno Lacy, o fundamental agora é a conectividade, o 5G, que permitirá intercambiar e compartir información de xeito inmediato entre centros de todo o mundo.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/10/2019