CRTVG

Buscar

Xornadas en Santiago a favor da vida e en defensa dos valores europeos

Publicado o 20/10/2019 10:12
Xornadas en Santiago a favor da vida e en defensa dos valores europeos

Esta fin de semana celebráronse en Santiago de Compostela unhas xornadas a favor da vida e en defensa dos valores europeos organizadas por "One of Us". Esta plataforma de ámbito europeo presídea o ex-ministro do Interior e europarlamentario Jaime Mayor Oreja, que destacou a creación dun observatorio de valores para "diagnosticar a crise" que vive Europa. A elección de Santiago como lugar escollido para estas xornadas débese ao feito do papel de Compostela como "síntese da historia e a cultura de Europa". Decenas de representantes de universidades católicas e persoeiros que defenden os valores tradicionais participaron no evento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí