CRTVG

Buscar

Xornadas de visibilización do Alzhéimer e do labor dos coidadores

Publicado o 22/09/2018 14:55

Aínda que o Día Mundial do Alzhéimer foi onte, as asociacións aproveitan esta fin de semana para seguir concienciando a sociedade da devastación que supón para o enfermo e a familia, na maior parte dos casos os coidadores. En Santiago os homes e mulleres de AGADEA achegaron á praza de abastos a realidade dun mal irreversible e dexenerativo que necesita toda a atención da investigación médica.

Marisa Carro ten alzhéimer pero aínda se atopa ben, con moitas lembranzas e goza dunha certa autonomía na súa vida cotiá. Aténdea seu home. Esta mañá foi unha das caras visibles do acto que organizou AGADEA en Compostela.
Marisa di que se atopa ben aínda que claro que ten efectos. Esa nube da cabeza, di ela. Non ten problema en contar que padece o alzhéimer e non ten sensación de medo grazas á familia.
A familia acaba por ser, co desgaste que supón para ela, un equipo de coidadores, a pesar de que debería ser, segundo piden as propias asociacións, un equipo profesional cualificado o que proporcione ese coidado.
Ramón Neira, que coida a súa muller, cóntanos que a súa gran preocupación é que pasará se falla el antes ca ela.
Tanto Marisa coma Ramón pertencen a unha asociación pioneira, naceu case hai 15 anos, en Santiago, a AGADEA.
A presidenta da asociación fala da soidade que senten os coidadores e por que se apoian nas asociacións.
Por iso hoxe os praceiros dos 160 postos do mercado levaban mandís con referencia ao alzhéimer.     

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/09/2018