CRTVG

Buscar

A Revista

Xornadas de verán do Triatlón Ferrol

Publicado o 26/07/2018 13:20

A continuación queremos convidalos a que coñezan unhas xornadas de verán de tríatlon con distintos xogos nos que nenos e nenas desde os sete anos fan deporte ao mesmo tempo que se divirten.

Estivemos con eles no piñeiral e na praia da localidade coruñesa de Cabanas. Xogos deportivos de verán organizados polo Club Triatlón Ferrol. O padriño desta escola é o triatleta ferrolán cinco veces campión do mundo Javier Gómez Noya.

Esta xornada deportiva chámase Xogatrix e comezou cun percorrido en bicicleta e cunha xincana. Exercicios lúdicos en que traballan a coordinación e a velocidade de reacción. Deporte e xogo estiveron asegurados.

Jaime Ruiz, director técnico do Club Triatlón Ferrol

O adestramento continuou con distintos xogos coma este que lle chaman o paracaidas e outros na praia da Magdalena. Algúns alumnos da Escola xa están a piques de converterse en adestradores e neste momento traballan como monitores, algo que lles gusta moito.

Pablo Pedrosa Paz, monitor da Escola de Triatlón Ferrol

Raquel Ruiz Brage, monitora da Escola de Triatlón Ferrol

Tamén quixemos falar co presidente do Club Triatlón Ferrol, unha persoa moi querida e admirada, amigo persoal de Javier Gómez Noya e quen lle pediu que fose o padriño.

José Antonio Formoso, Cali, presidente do Club Triatlón Ferrol

O tríatlon é unha disciplina deportiva moi completa que implica ciclismo, natación e atletismo. Unha das fundadoras do club é Paz, e os seus fillos tamén levan desde o principio.

Paz Paz Picos, fundadora do Club Triatlón Ferrol

A filosofía do Club Javier Gómez Noya de tríatlon sempre foi que se convertese nunha escola, na que a formación fose máis alá do deportivo, unha educación en valores, de grupo e de relación. O marido de Paz é outro dos fundadores do Club Javier Gómez Noya.

Juan Luís Pedrosa, fundador do Club de Triatlón Ferrol

A importancia do deporte nas nosas vidas complétase neste Club de Triatlón Ferrol coa formación integral das persoas. Viva o deporte!

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

26/07/2018