CRTVG

Buscar

Xornadas de seguridade para motociclistas

Publicado o 24/03/2019 10:04

Como actuar nun accidente de moto, saber se se pode quitar o casco ou como facer unha reanimación cardiopulmonar. Son algúns dos puntos abordados nas xornadas de seguridade viaria impartidas no concello lugués de Outeiro de Rei.

Son condutas que poden salvar vidas. Neste caso, orientadas a motoristas. Expertos en urxencias indícanlles como proceder en caso dun accidente.

Tamén fixeron demostracións prácticas de como realizar unha reanimación cardiopulmonar, cal é a posición lateral de seguridade, e como utilizar un desfibrilador.
Son parte das xornadas sobre seguridade viaria que se veñen de celebrar no concello lucense de Outeiro de Rei.

No último ano a estrada cobrou a vida de mil cento oitenta persoas en España, das que douscentas once eran motoristas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2019